Previamente deberá estar inscrito/a nalgún dos grupos de 2 sesións semanais.
Con esta actividade, a Área de Deportes quere prestar un servizo de prescrición de exercicio físico para a saúde, seguro, eficaz e eficiente que reduce o risco de sufrir lesións e maximiza os resultados positivos.
Os adestradores son profesionais da actividade física e o deporte que prescriben exercicio dun xeito individualizado tendo en conta os obxectivos que persigan os usuarios: saúde, rendemento, adestramento funcional.
Obxectivos
Qué facemos?
Os adestradores persoais son profesionais da actividade física e o deporte que prescriben exercicio dun xeito individualizado tendo en conta os obxectivos que persigan os usuarios: saúde, rendemento, adestramento funcional.
Prezo 35 € (válido para todo o curso académico en vigor. Do 1 de setembro ao 31 de agosto).
Obrigatorio para poder inscribirse en calquera das nosas actividades.
LEMBRE ASEGURARSE DE QUE HAI PRAZAS DISPOÑIBLES NA ACTIVIDADE NA QUE QUEIRA INSCRIBIRSE.
Abono Deporte, se es membro da Comunidade Universitaria:
- Alumnado de calquera dos tres ciclos: Grao, Máster e Doutoramento ou 1º, 2º e 3º ciclo da UDC, persoal docente e investigador (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), persoal de administración e servizos (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), estudantes de programas de intercambio e estudantes de mestrados con seguro de cobertura de actividades deportivas.
- Ademais terán a consideración de comunidade universitaria, todas as persoas xubiladas dos colectivos de persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos desta universidade.
- Non todas as actividades están abertas para os fillos/as abonados da comunidade universitaria (consultar antes da inscrición).
- Despois de participar nalgunhas competicións e actividades, os alumnos/as de Grao poderán solicitar o recoñecemento de créditos (normativa e resolución reitoral).
- Todos os usuarios/as abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico poderán facer uso gratuíto das instalacións deportivas propias da UDC, agás da sala de musculación.
- O cónxuxe/parella de feito, e os/as fillos/as (maiores de 15 anos) teñen que darse de alta ou recuperar contrasinal (no caso de xa estar dado de alta) como persoas externas (https://udcxest.udc.gal/xest/login/realm/index.xhtml). Unha vez que entre na ficha (o usuario é o correo electrónico), ten que solicitar a inclusión no colectivo FAMILIARES. Para isto, ten que premar na opción: "Nova alta en colectivo especial". Solicitaráselle achegar unha copia do libro de familia ou da Certificación da Inscrición no Rexistro de Parellas de Feito.
- No caso dos/as fillos/as de menos de 15 anos é o/a pai/nai/titor/a quen ten que dalos de alta dende o seu usuario premendo na opción "usuarios tutelados". Tamén terán que achegar copia do libro de familia.
2 sesións semanais (75 min/sesión) cun máximo de 7 usuarios na mesma hora
Opción dunha 3ª sesión/semanal os venres de Adestramento Persoal (previa inscrición e pagamento)
Persoas usuarias:
Membros da Comunidade Universitaria da UDC e familiares co Abono Deporte do curso académico en vigor. Os/as fillos/as da comunidade universitaria teñen que ter cumpridos os 18 anos
Público en xeral coa Matrícula
Só as persoas pertencentes ao colectivo de comunidade universitaria e familiares inscritas nesta actividade de Adestramento funcional terán dereito ao uso libre do ximnasio/sala fitness
2 sesións semanais (60 min/sesión) + 1 sesión semanal de estiramentos (1 h)
A sesión de estiramentos é os venres, ás 10:15 h ou ás 16:15 h no Estadio Universitario do Campus de Elviña
Opción dunha 3ª sesión/semanal os venres de Adestramento Funcional (previa inscrición e pagamento)
Usuarios:
Membros da Comunidade Universitaria abonados/as da Área de Deportes. Os/as fillos/as da comunidade universitaria teñen que ter cumpridos os 18 anos.
Público en xeral con abono matrícula.
Só os participantes da comunidade universitaria e familiares terán dereito ao uso libre do ximnasio fóra do horario da actividade de Adestramento Funcional.
A inscrición nun horario determinado será provisional, quedando condicionada a súa aceptación á entrevista persoal co monitor/a.
As hortas urbanas da UDC buscan avanzar na xestión ambiental sustentábel do campus e contribuír á concienciación ambiental da comunidade universitaria e da sociedade en xeral.
A actuación por parte da UDC incluíu o peche parcial do espazo, adaptación ao novo uso, abonado de fondo con compost de calidade ecolóxica, achega de auga para rega dos cultivos e un caseto con ferramenta. As persoas usuarias (metade estudantes e metade persoal) pagan unha taxa anual e reciben unhas xornadas de asesoramento por un experto. Actualmente cóntase con 40 parcelas de 20 m2 cada unha, e espazos comúns para actuacións complementarias de tipo colectivo.
Os obxectivos do proxecto, enmarcado nos actuais procesos de ambientalización das universidades, son:
Máis información
As persoas usuarias (estudantado e persoal) pagan unha taxa anual e reciben unhas xornadas de asesoramento por un experto. No Campus de Ferrol cóntase actualmente con 30 bancais de 1,20 m2 cada un, localizados entre os edificios correspondentes á Escola Politécnica de Enxeñaría e o Edificio de Apoio ao Estudo.
O uso das hortas e a relación entre as persoas usuarias e a Universidade rexerase polas normas en vigor de hortas da UDC e adaptadas ás características de Ferrol.
Obxectivos e contidos da Aula:
Encontros e desencontros absurdos nunha viaxe dende o humor, co corpo e a danza como ferramenta principal.
Obxectivos da Aula:
Xogaremos, coa inspiración da obra de Woody Allen, “Contos Sen Plumas”, a crear secuencias danzadas e interpretadas dende o corpo que recreen persoaxes cunha curiosa cotianidade. Un mundo absurdo que tomará forma ao longo do proceso creativo.
Danza despoxada da intensidade e o dramatismo que adoita caracterizar. Desta vez tomaremos o humor como obxectivo.
Contidos da Aula:
É importante a observación previa das intérpretes para que elas se impliquen, non só como intérpretes, senón tamén como creadoras, coa finalidade de que a peza teña un pouco da esencia de cada unha, sempre guiadas por pautas concretas e revisión e modificacións do material por parte das directoras.
É por isto que cremos firmemente na creación colectiva, porque fai que as intérpretes brilen, e despreguen as súas habilidades e a súa esencia. Isto fai que a peza medre e tamén que elas se impliquen máis. Despois, é tarefa das directoras que este material teña unidade dentro da diversidade.
Haberá tamén material coreográfico creado directamente polas coreógrafas (momentos grupais que fan que a coreografía adquira a forza que precisa).
Teremos en conta conceptos e pautas que nos guiarán na procura do material para a obra:
- Actividades cotiás feitas dun modo absurdo.
- Encontros e desencontros: relacións entre personaxes
- A procura do universo colectivo, indagando a través das tradicións e a idiosincrasia galega.
- Interaccións con obxectos, utilizados de maneiras diferentes á súa utilidade normal
- Coreografías precisas e unísonos con premisas cotiás, por exemplo: miradas, tomar unha cunca de té, poñerse unha chaqueta, etc
Currículos das educadoras:
Alicia López e Alba Fernández son bailarinas, creadoras e mestras de danza contemporánea. Ambas destacan pola súa multidisciplinaridade, e a posta de diferentes ferramentas (danza urbana, teatro, danza contemporánea, artes plásticas, clown...) en favor da creación e da dramaturxia do movemento. Alicia dende 2016 e Alba dende 2006, somos parte de diferentes compañías como creadoras e intérpretes. Poñemos a nosa experiencia en favor do proxecto, que será colaborativo, e á vez unha experiencia de aprendizaxe para todas as persoas participantes.
Selección do elenco:
Datas das probas de selección: 07/09/2026, 14/09/2026
Horario: de 19:00 a 21:00 h
A inscrición dará acceso ao proceso de selección para as novas incorporacións á Aula de Danza. Unha vez seleccionada a persoa e superada a proba, enviaráselle un correo electrónico coa ligazón para formalizar a matrícula.
Seleccionaranse entre 7 e 15 persoas para participar na creación dunha peza. Valorarase especialmente a experiencia ou formación previa en danza contemporánea ou danza urbana, así como o coñecemento de clown ou teatro físico, aínda que non sexa de carácter profesional.
Ademais da experiencia e das capacidades artísticas, valorarase especialmente o compromiso coa asistencia aos ensaios e ás actuacións vinculadas ao proxecto.
Obxectivos e contidos da aula:
A Aula de Música é un espazo de encontro arredor do canto, aberto a calquera persoa da comunidade universitaria e tamén a público externo, con ou sen experiencia previa. O obxectivo é gozar da música, e vivir a experiencia de cantar de forma distendida e participativa. O curso remata con actuacións públicas que serven de peche e celebración do traballo realizado.
O traballo da Aula céntrase na montaxe de repertorio coral, abordado desde unha base técnica sólida pero accesible: respiración, colocación, afinación e fraseo aplicados ao canto en grupo. Cada peza sérvenos para afondar en aspectos concretos da voz —tesitura, empaste, dinámica—, sen perder de vista que o obxectivo final é soar ben xuntos. Deste xeito, a formación vocal individual queda integrada de forma natural dentro do proceso colectivo de preparar un repertorio para ser presentado en público.
Currículo do educador:
Daniel García Artés (A Coruña, 1983), director coral, compositor, pianista e profesor de técnica vocal. Dende 2014 dirixe o Coro Xove da Orquestra Sinfónica de Galicia, e dende 2015 imparte piano e técnica vocal en Rock School Coruña, onde tamén dirixe o Coro Gospel. Fundador e director do coro moderno O Acorde Secreto. Premiado (Bolsa Fernando Remacha, Concurso Bécquer de Música Coral), arranxou obras de Disney e orquestrou cancións de Xoel López para a OSG. Responsable da Aula e obradoiro de música da UDC nos cursos 2024/25 e 2025/26.
Data da proba de selección: 06/10/2026
A inscrición dará acceso ao proceso de selección para as novas incorporacións á Aula de Música. Unha vez seleccionada a persoa e superada a proba, enviaráselle un correo electrónico coa ligazón para formalizar a matrícula.
O coro está aberto á participación de toda a comunidade universitaria e do público xeral, independentemente da idade e da experiencia musical previa. Non é necesario contar con formación ou experiencia musical anterior para participar.
A diversidade de voces, experiencias e perfís contribúe a enriquecer o proxecto artístico e a reforzar a súa dimensión de extensión e participación cultural universitaria.
Laboratorio e montaxe dunha peza escénica titulada “luditas & misteiras & cigarreiras”, unha peza escénica performativa e experimental baseada na folga das cigarreiras contra as máquinas no ano 1857, co gallo do 170.0 aniversario.
Formación da actriz en adestramento actoral, teoría teatral, estética e unha achega a novas linguaxes híbridas.
Contidos da aula:
· O desexo, o inconsciente e a tensión na creación das personaxes
· Creación con materiais: o obxecto como metáfora
· O tempo e o ritmo como aliado na creación escénica
· O poema como texto teatral
· Preparación da montaxe escénica
Currículo da educadora:
Helena Salgueiro é directora escénica, poeta e performer. Formada en estadías co Instituto Grotowksi e co Odin Teatret, o Traverse Theatre, a Universidade de Edimburo e a Universidade de Santiago de Compostela. Os seus traballos escénicos amosáronse internacionalmente en festivais e espazos como o Centro Nacional de Danza Dance Base de Escocia (“Nortear”), o Festival Contradança de Portugal (“Ferro, Federici”) e coproducidos polo Centro Dramático Galego (“Come and Go”). Autora dos poemarios Intermitencia da cidade (2013), As Flores (2016), SORA (2025), Amor Palimpsesta (2026) e da obra de teatro Todas as Illas son unha illa (2021). Dirixe a compañía Columna Balteira.
Datas das probas de selección: 07/09/2026
A inscrición dará acceso ao proceso de selección para as novas incorporacións á Aula de Teatro. Unha vez seleccionada a persoa e superada a proba, enviaráselle un correo electrónico coa ligazón para formalizar a matrícula.
Seleccionaranse un máximo de 25 persoas para participar na creación dunha peza.
A proposta está aberta a persoas con ganas de experimentar, aprender e descubrir novas formas de expresión a través do corpo e da escena. Búscase reunir unha diversidade de perfís, experiencias e intereses, nun proceso creativo compartido no que todas as persoas participantes poidan achegar a súa mirada e contribuír á creación da peza.
Primeira experiencia de inmersión cun escafandro autónomo. A duración da inmersión será duns 20 minutos.
A actividade desenvolverase na praia de San Amaro no caso de que as condicións do mar sexan as axeitadas.
COMO ME INSCRIBO?
Prezo 40 €. Inclúe:
- Proporcionarase o equipo completo.
- Licencia (seguro) por un día
Haberá que levar bañador, chancletas e toalla.
Expedirase un diploma acreditativo.
Os menores de idade deberán presentar autorización escrita dos pais.
O DÍA QUE COMECE O CURSO DEBERÁ IDENTIFICARSE COMO ABONADO/A AMOSANDO A SÚA FICHA DE USUARIO/A DE UDCXEST.UDC.GAL (NA PÁXINA PRINCIPAL, EN RESUMEN, VESE O NÚMERO DO ABONO DEPORTE).
Guía sobre a modificación ou anulación de sesións de uso libre
Actividade que combina exercicios e rutinas con compoñente cardiovascular e exercicios de tonificación empregando métodos de adestramento dinámicos globais.
Opción dunha 3ª sesión/semanal os venres, de Forza Total, para as persoas inscritas previamente na actividade de UDC Forza ou nalgunha das activades de Fitness (Dance Fitness, Gap-Comba Fit, Hiit Fit, Cardio Fit e UniBike) no Campus da Coruña.
DURACIÓN: 8 horas impartidas en 4 sesións de 2 horas de clases teórico-prácticas. Os venres dende as 15:00 h e os sábados e domingos entre as 10:00 e as 20:00 h.
O curso impartirase con embarción auxiliar e monitor titulado pola Federación Galega de Vela.
Prezo do curso: 80 €. Inclúe o seguinte material necesario para a realización da actividade:
- Traxe de neopreno.
- Escarpines.
- Cortaventos impermeable.
- Chaleco salvavidas.
- Embarcación auxiliar con monitor titulado por la F.G. de Vela.
Coa finalidade de divulgar a Terapia Ocupacional e responder, reflexionar e debater sobre diferentes desafíos da vida cotiá, dende a diplomatura de Terapia Ocupacional o Ciclo de Conferencias en Terapia Ocupacional ten unha longa tradición como actividade realizada pola Facultade de Ciencias da Saúde. Polo desenvolvemento dos ciclos anteriores, os resultado finais foron moi enriquecedores, facilitando ampliar o impacto da profesión a diversos campos de actuación e fortalecendo o coñecemento e a aplicabilidade de Terapia Ocupacional para os estudantes, docentes e persoas participantes.
Na edición do ano 2026, preténdese convidar a persoas de diferentes entidades, para continuar realizando divulgación, promovendo a actualización da profesión e as relacións inter e multidisciplinares, en campos de actuación como é o Long Covid, impacto da prostitución en España ou a ética como principio activo no desenvolvemento profesional. O ciclo de conferencias de Terapia Ocupacional amosará a diversidade dos enfoques e perspectivas da profesión, así como os desafíos e novos horizontes; é por isto que se presentan neste ciclo de conferencias diversos ámbitos da profesión e, en especial, aqueles que a sociedade actual está a requirir, como son:
- Que é a Long Covid? O COVID persistente: a cargo de Paula Sánchez Diz, PhD Coordinadora técnica da Red Española de Investigación en COVID persistente REICOP
- O rol do terapeuta ocupacional en persoas afectadas de Long Covid: un caso práctico. Adriana Ávila Álvarez PhD , profesora da UDC e Rosa María Martínez Piedrola, PhD profesora da Universidade Rey Juan Carlos
- O coidado bucal como factor social José Manuel Valiño Cruz PhD. Director Científico do Posgrao en Cirurxía e Implantes da Facultade de Ciencias da Saúde (UDC). Director Clínicas Sonrident Salud
- A realidade actual sobre a pornografía infantil. Nuria Máximo Bocanegra PhD. Profesora da Universidad Rey Juan Carlos (Madrid)
- A Terapia Ocupacional como experiencia de vida Betsabé Méndez. PhD. Profesora xubilada da Escola Universitària Creu Roja. Universidade Autónoma de Barcelona
- 2 relatores que se acordarán co a UDC para as conferencias do día 23 de outubro Acto de entrega da Medalla de Ouro da Terapia Ocupacional e conferencia
A realización deste ciclo vai a ser de maneira presencial e pola plataforma Teams, debido a que se require da participación de expertos profesionais de A Coruña, outros concellos de Galicia e de España.
Na Facultade de Socioloxía e en diversos espazos da cidade da Coruña terá lugar o ciclo de conferencias “Investigando sobre o pasado: os borramentos interesados do pensamento hexemónico nas Ciencias Sociais” (4-12- 18 de Febreiro, 27 e 28 de Outubro de 2026) que pretende ser un espazo de debate sobre os propios procesos de investigación sobre o pasado e cómo se produce a construción social dos relatos hexemónicos sobre momentos históricos clave e, polo tanto, como estas ficcións políticas implican o borramento histórico de procesos clave -como serían o caso do pasado colonial do Estado Español, a represión franquista e a propia destrución da memoria obreira e da conciencia de clase-. Estes borramentos teñen efectos sociolóxicos e políticos no noso presente inmediato, e polo tanto, intentaremos interrogar cómo poden as nosas investigacións e a intervención social contemplar unha mirada crítica e de longo alcance sobre a construción social do presente.
Este ciclo de conferencias foi deseñado para coma unha serie de debates universitarios con carácter aberto á cidadanía interesada nestes temas.
O club de lectura, coordinado por Antía Yáñéz, reuniráse os mércores de 18:00 a 20:00 horas nas seguintes datas en NORMAL:
O UDC Games é unha nova actividade dirixida que deriva das novas carreiras de obstáculos de orixe norteamericana. O adestramento busca unha mellora da condición física empregando medios que se afastan dos tradicionais exercicios con máquinas. O levantamento e transporte de pesos, os saltos e os sprints son algún dos exercicios empregados nesta disciplina. Fortalece o teu corpo traballando dunha forma global e divertida.
Membros da Comunidade Universitaria da UDC e familiares co Abono Deporte do curso académico en vigor. Os/as fillos/as da comunidade universitaria teñen que ter cumpridos os 15 anos
O Cross Training (UDC Games) é unha actividade dirixida que deriva das novas carreiras de obstáculos de orixe norteamericana. O adestramento busca unha mellora da condición física empregando medios que se afastan dos tradicionais exercicios con máquinas. O levantamento e transporte de pesos, os saltos e os sprints son algún dos exercicios empregados nesta disciplina. Fortalece o teu corpo traballando dunha forma global e divertida.
Curso de patrón de embarcacións de recreo (PER) para o governo de embarcacións de recreo ata 15 metros de eslora e ata 12 millas da costa ou navegación entre illas. O prezo inclúe:
- Clases teóricas (32h)
- Prácticas de seguridade e navegación (motor) (16h)
- Curso de radio-operador de curto alcance (8 h. práctica y 4 h. teórica)
- Acceso á App no caso da edición non presencial (en liña)
- Taxas de exame incluídas.
As clases (presenciais) serán 2 días á semana (consultar coa escola a posibilidade de crear grupo).
Existe a opción de facer a parte teórica on line (non presencial)
Una vez rematada a inscrición (0 € nesta app web), deberás de poñerte en contacto coa escola de actividades náuticas (tel.: 881947441 ou no email info@dunasport.com) e ingresarlles a tarifa (485 € opción presencial e 460 € opción en liña) polo medio que eles acorden.
POSIBLES DATAS DE EXAME 2026/27 (datas aproximadas, consultar a publicación oficial no DOG):
- novembro/ marzo/ maio/ xullo
Obtención para o título de goberno de embarcacións de ata 8 metros de eslora, ata 5 millas de distancia da costa en navegación diurne e nocturna, además de navegación con motos de auga.
Curso completo, inclúe:
- Matrícula e acceso á App (na edición en liña)
- Prácticas de seguridade e navegación
- Prácticas radiocomunicacións
Taxas de examen (Xunta de Galicia) incluídas
Una vez rematada a inscrición (0 € nesta app web), deberás de poñerte en contacto coa escola de actividades náuticas (tel.: 881947441 ou no email info@dunasport.com) e ingresarlles a tarifa (310 € opción presencial ou en liña, a escoller polas persoas interesadas) polo medio que eles acorden.
Previamente o/a usuario/a deberá obter o Abono Deporte do presente curso académico.
Curso de patrón de embarcacións de recreo (PER) para o governo de embarcacións de recreo ata 15 metros de eslora e ata 12 millas da costa. O prezo inclúe:
OPCIÓN PER PRESENCIAL (495 €)
- Formación teórica presencial
- Clases e preparación para o exame oficial
- Material de apoio e test
- Prácticas oficiais de navegación a motor
- Prácticas oficiais de radio
OPCIÓN PER EN LIÑA (450 €)
- Acceso durante 3 meses á plataforma de formación en liña
- Temario e contidos para preparar o exame
- Test e material de apoio
- Titoría e seguemento personalizado durante a preparación
- Prácticas oficiais de navegación a motor (presenciais)
- Prácticas oficiais de radio (presenciais)
Ambas opción incluén un desconto do 15% como universitario/a para prácticas oficiais a vela.
Ningún prezo inclúe: taxas de exame, libro, nin expedición de titulación.